miércoles, 21 de mayo de 2014

Manualidade:O herbario

Aproveitando o bosque que temos no colexio imos a facer un herbario con distintas follas das árbores que temos no colexio. Para elo os materiais que precisamos son:













  • Cartolinas ou folios  de cores
  • folios
  • follas de árbores 
  • pegamento
  • pinturas e rotuladores
  • taladradora de papel
  • fío


 Collemos 5 folios, pregámolos pola metade e recortámolos. Facemos o mesmo coa cartolina de cor que despois nos servirá para facer a portada. Agrupamos as follas e coa taladradora facemos dous buratos. Pasamos o fío polos buratos para encadernar o noso herbario.  

Despois imos ao bosque e collemos as follas das seguintes arbores ou plantas: limoeiro, camelia, magnolia, Texo e carballo americano. Unha vez que temos as follas calcamos as follas no papel, colocamos as follas detrás do papel e tombando as pinturas calcamos a folla. Despois a folla gardámola nun sobre. repetimos o mesmo coas outras follas. Escribimos o nome da planta debaixo de cada folla. Gardamos o sobre coas follas durante dúas semanas entre libros moi pesados da biblioteca para que sequen.



Xa por último pegamos as follas o lado do debuxo e adornamos o noso herbario.


Imos o invernadoiro


Como chovía non puidemos saír a nosa horta, así que fomos a parte de abaixo do centro Gárate, onde temos un invernadoiro. Alí estivemos a observar as distintas plantas que hai e despois plantamos sementes de remolacha, que máis tarde engadiremos a nosa horta.

martes, 6 de mayo de 2014

A terra e o compost

Hoxe na horta aprendemos cousas novas  sobre como ten que estar a terra para que as nosas plantas medren. Cando a terra esta moi dura debémola remover cun sacho para abrandala, botarlle un pouco de compost para abonala e botarlle un pouquiño de auga. Despois podemos tapar a planta con follas secas para protexela. Tamén medimos as nosas plantas para comprobar canto medran cada semana. 


Xa para rematar collemos as malas herbas e fómolas botar ao compost. Sabrina, unha das monitoras explicounos como se fai o compost e para que serve. Co compost podemos reutilizar as malas herbas, follas, pólas, restos de comida, de madeira etc... Cando esta materia empezase a descompor grazas ao osíxeno. Despois os hongos e as bacterias rematan de descompor a materia orgánica.













Manualidade:os crecepelos

 Mentres a metade da clase estaba horta, os outros estivemos a fecer un crecepelo. Despois decorámolo para regalarllo a nosa nai como agasallo para o seu día. O material necesario para realizar esta actividade e o seguinte:

  • unha media pequena
  • un pouco de terra
  • sementes de herba
  • fieltro ou tela para facer a boca e os ollos
  • pegamento 
  • un vaso de iogur

Despois decoramos o vaso de iogur e forrámolo con papeis de cores.







sábado, 5 de abril de 2014

Imos a horta

As sementes que botamos nos vasiños de iogur xa medraron e ímolas transplantar a nosa horta. As plantas de chícharos e de millo medran apresa mentres que a cabaza e a cabaza peregrina cóstalle un chisquiño máis. Cando chegamos a horta collemos os utensilios que nos axudarán a trasplantar as nosas plantas( pa, luvas, regadeira, cubo e un angazo). Coa axuda da pa e do angazo os rapaces cavan un pequeno burato. No cubo van botando as pedras grandes que atopan. Despois quitan a planta do vasiño e pona no burato que cavaron. Coa axuda do angazo rematan de encher o burato con terra. Por último regamos as plantas para que a raiz acabe de fixarse ao chan.